Xornada informativa sobre o PLAN MAT para a mellora de aloxamentos turísticos

Xornada informativa sobre o PLAN MAT para a mellora de aloxamentos turísticos

O próximo martes, 12 de febreiro, ás 10:30 h, na Delegación da Xunta de Galicia (Avda. Habana, 79 – Ourense), terá lugar unha Xornada informativa sobre o PLAN MAT, que contempla as axudas para a mellora de aloxamentos turísticos.

Este programa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, xestionado a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), impulsa o programa Reforma TUR 2019, unha iniciativa pioneira que contará cun investimento de 3M€ para facilitar a mellora e modernización de servizos de 500 establecementos hoteleiros. 

En concreto, está dirixido a hoteis, hoteis balneario e hoteis talaso cun máximo de 40 prazas, así como instalacións de turismo rural e albergues privados situados no Camiño de Santiago.

Acceso á sede electrónica para máis información 

IG200D – Axudas do Igape a establecementos hoteleiros para a adquisición de materias para a reforma de establecementos (Reforma-Tur).

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad