O noso Grupo de Desenvolvemento Rural organiza, xunto coa Escola de Hostalería e Turismo de Ourense, uns Obradoiros de ELABORACIÓN DE CONSERVAS DE OUTONO, a realizar, durante os próximos meses, nos seguintes concellos do rural que forman parte do noso ámbito de actuación:
- A Merca
- A Peroxa
- Amoeiro,
- Barbadás
- Coles
- Cartelle
- Esgos
- Paderne de Allariz
- Pereiro de Aguiar
- Ramirás
- San Cibrao das Viñas
- Toén
- Nogueira de Ramuín
- Xunqueira de Espadañedo
Os obradoiros realizaranse durante os meses de outubro e novembro. Para solicitar a inscrición deberase contactar co Concello onde se desexe realizar o obradoiro.