O pasado luns, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse co alcalde do concello ourensán da Peroxa e presidente do noso Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, Manuel Seoane, para avaliar os avances en materia de mobilización de terras nesta localidade.
Este encontro serviu para analizar o estado dos polígonos agroforestais proxectados na localidade. Por un lado atópase o de Mirallos, co que se prevén mobilizar 44,52 hectáreas de terreo, e por outro está o de Carballedo-A Peroxa, situado entre o concello ourensán e o lucense de Carballedo, con 25,48.
Ademais, na reunión tamén se abordou o avance dalgúns proxectos xestionados por Adercou que contan con apoio do programa Leader para favorecer o desenvolvemento rural.