O pasado xoves, día 10 de agosto, ás 9,30 horas da mañá tivo lugar a reunión da Xunta directiva de Adercou.
Dado que a 31 de marzo finalizou o prazo para proceder a admisión de solicitudes que forman parte da primeira proposta anual de proxectos, reúnese a xunta directiva presidida por Manuel Seoane Rodríguez na súa sede situada no edificio CET (Centro Empresarial Transfronteirizo) de Barbadás, para informar de todos os proxectos que a data de hoxe contan con informe favorable de Agader e que dispoñen de subvención neste ano 2017.
Os proxectos encaixan en dúas liñas diferentes, primeiro aprobáronse os proxectos non produtivos (presentados por entidades públicas e asociacións) que son proxectos que sirven para poñer en valor o rural e ofrecer mellor calidade de vida e servizos públicos.
Nesta reunión aprobse os proxectos produtivos, iniciativas privadas que apostan por crear, modernizar ou ampliar empresas no rural, todo elo conleva a creación de emprego.
O cadro orzamentario para proxectos é o seguinte:
Produtivos | (2017) 402.798,91 € | (2018) 189.046,55 € |
Non produtivos | (2017) 203.397,46 € | (2018) 69.981,76 € |
Dentro dos proxectos presentados e que recibirán subvención por importe de 200.000 € están os adicados a terceira idade, como a creación de fogares residenciais, miniresidencias e residencias, que son unha das demandas máis solicitadas da sociedade actual tendo en conta o elevado número de persoas maiores que necesitan de apoio e asistencia no rural. Tamén a aposta pola mellora tecnolóxica e aforro enerxético, pequenas intervencións en transformación de produtos agrarios, etc.
Dada a alta demanda de proxectos vaise aprobar unha lista de reserva para proxectos que non conten con financiamento este ano pero si poidan contar cos novos orzamentos do ano que ven.