Desde a Axencia Galega de Innovación convocan Programa InnovaPeme 2021, que está actualmente en prazo de solicitude. Esta convocatoria publicouse no DOG o pasado 5 de maio e o seu prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de xuño.
Estas axudas orientadas ás pemes, están destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia. Trátase dunha subvención a fondo perdido, cunha intensidade da axuda do 50 % dos gastos de desenvolvemento do plan de innovación na empresa (axudas de 40.000 a 100.000 €).
Este programa está dirixido tanto para entidades con experiencia no ámbito da I+D, así como para aquelas que se inician na innovación.