Presentación do libro O Lebre das Casarizas

Presentación do libro O Lebre das Casarizas

Dentista, mecánico, inventor, enxeñoso… Manuel Fernández “O Lebre”, un home creativo e talentoso, orixinario de As Casarizas (A Peroxa), cuxa vida e obra recóllese no libro presentado onte, “O Lebre das Casarizas. Unha vida de máquinas e inventos”.

Trátase dunha obra de autoría conxunta, realizada por Delfín Caseiro Nogueiras, Xosé Carlos Sierra Rodríguez e Xosé Antón Jardón Dacal, promovida por Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) e polo concello da Peroxa e editada por Difusora das Letras, Artes e Ideas, SL.

Ao non existir ningunha documentación escrita, os autores elaboran o traballo a partir da información oral, especialmente a facilitada pola súa filla Isaura, pola súa neta Conchita e por máis dunha ducia de veciños que coñeceran e que se relacionaran co protagonista. A investigación acrecéntase con visitas aos escenarios vivenciais do Lebre.  Unha completa reportaxe fotográfica com imaxes dos inventos e das máquinas da súa creación ilustra a publicación e o legado etnográfico de tan polifacético personaxe.

Manuel Fernández Fernández, o Lebre, (As Casarizas, A Peroxa, 1906-1997) é un visionario xenial, varias décadas por diante dos duros tempos que lle toca vivir. Un campesiño ilustrado e culto, que representa un perfil social capaz de interferir con eficacia nos labores e tarefas agrícolas do territorio no que desempeña as actividades e o oficio que o significa e o identifica. Aprende de maneira autodidacta a ler, escribir e as catro regras. 

No baixo da casa, decide instalar unha forxa-taller que vai ser o seu centro de operacións durante máis de 50 anos. Alí fabrica el mesmo todos os elementos e toda a ferramenta que precisa para o taller (torno motorizado, mandril, esmeril, cilindros, parafusos, torcas, etc.), así como os seus propios apeiros de labranza e os dos veciños. Goberna reloxos, máquinas de coser, vehículos, etc. Faise cos motores e outros compoñentes de vehículos vellos para armar outro novo.

Ler máis 

Medios

– Ler artigo  “O Lebre, o Davinci de A Peroxa” (Diario La Región) 

– Fotonoticia (Diario La Región)

– Vídeo Presentación libro “O Lebre das Casarizas”. (Telemiño)

Galería de imaxes

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad