Hoxe, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), celebrouse a ceremonia da entrega de premios que AGADER outorga ás mellores iniciativas de desenvolvemento rural.
Nesta décima edición, o xurado, seleccionou oito proxectos, cuxos promotores recibirán 10.000 euros cada un, para investir na mellora ou complemento das súas iniciativas.
O acto da entrega de galardóns, contou coa presenza do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o Conselleiro de Medio Rural, José González, ademais dos xerentes das Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.
Este GDR, Adercou, estivo representado polo seu presidente, Manuel Seoane e a xerente, Beatriz Martínez.