Os Grupos de Desenvolvemento Rural repercuten moi positivamente no territorio

 A conselleira do Medio conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na visita que realizou no día de onte ás instalacións de Maletas Vanguard, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, destacou a importancia dos GDR pola súa contribución ao tecido socioeconómico da nosa comunidade.

Un exemplo deste apoio a proxectos empresariais asentados no rural, é Maletas Vanguard, que vén de adquirir nova maquinaria no marco dunha achega do Programa Leader, contando co apoio do noso Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Adercou, o que lles permitirá lanzar unha nova liña de produtos e gañar en competitividade.

A conselleira salientou que o Leader está baseado nun enfoque de abaixo cara arriba, garantindo a participación activa dos principais axentes locais nestas políticas. Gómez lembrou que durante o período no que a medida Leader estivo incluído no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, permitiu aprobar case 1.500 proxectos, consolidar máis de 3.200 empregos e crear 933 novos. Deste xeito, mobilizáronse algo máis de 169 millóns de euros, cunha axuda pública de 77,5 millóns.

Por último, a conselleira trasladou que, co fin de seguir apoiando o impulso e a dinamización das contornas rurais da nosa comunidade, a mediados do ano pasado asinouse un convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e os GDR para a aplicación de Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo. Así, a medida Leader, que actualmente se atopa no marco do Plan Estratéxico da PAC (Pepac), está dotada con 56,9 millóns de euros ata 2027.

MEDIOS

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad