Hoxe, no Parador do Castelo de Monterrei, dentro do territorio da Asociación Monteval (GDR9), tivo lugar un encontro de todos os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, co Conselleiro de Medio Rural e outros responsables da Xunta de Galicia, para presentarlles as avaliacións dos proxectos levados a cabo nas anualidades anteriores, así como a elaboración dunha folla de ruta para as próximas datas.
En representación de ADERCOU, acudiu o noso presidente, D. Manuel Seoane.
Antes da reunión, visitouse o Castro da Cidá d’A Saceda en Cualedro, un dos proxectos desenvolvidos dentro do plan LEADER.