A Deputacion Ourense intégrase coma socia en todos os GDR do seu territorio achegando soporte técnico e económico.
O seu presidente, Manuel Baltar mantivo onte unha reunión cos representantes dos seis Grupos de Desenvolvemento Rural para formalizar a colaboración.
Esta iniciativa contou coa aprobación unánime no último pleno de debate sobre o estado da provincia da Deputación ourensá.
Noticias
10 CONCELLOS DE ADERCOU, REDUCIRÁN UN 50% OS SEUS CUSTOS ENERXÉTICOS COA CENTRAL DE CONTRATACIÓN DE ADERCOU.
· O contrato marco iníciase coa participación de 10 concellos e está aberto a novas incorporacións.
Hoxe o Director Xeral de Planificación enerxética e minas, D. Pablo Fernández Vila reuniuse hoxe en Ourense co Presidente de Adercou, D. Manuel Seoane e os alcaldes ou representantes dos concellos integrantes neste proxecto posto en marcha por ADERCOU (Asociación de Desenvolvemento Rural dá Comarca de Ourense GDR 11) para presentar a adxudicación do novo contrato marco para prestar o servizo de electricidade para os concellos da provincia. Esta iniciativa contou co apoio do INEGA.
A UTE formada por Sapiens Enerxía e Simples Enerxía resultou adxudicataria da licitación lanzada por ADERCOU para implantar o uso de enerxías renovables nos concellos de Ourense sen necesidade de investimento por parte das administracións locais.
A finalidade deste proxecto de comunidade enerxética é reducir os custos enerxéticos a través da contratación agregada de enerxía e a minimización das emisións de CO2 en municipios da provincia de Ourense. Para iso, os municipios contratantes ceden o uso destas instalacións á devandita empresa de servizos enerxéticos, que deberá realizar as seguintes prestacións:
· Xestión enerxética: consistente na xestión e operación das instalacións solares de autoconsumo e sistemas de xeración térmica de máxima eficiencia a través de aerotermia (bombas de calor).
· Subministración eléctrica: subministrar enerxía eléctrica para os puntos de subministración de titularidade municipal.
· Constitución e/o xestión de comunidades enerxéticas nos municipios obxecto do contrato marco.
Na primeira fase, que xa está en marcha, incorporáronse 10 entidades públicas de Ourense. O obxectivo para os próximos meses é que sigan adheríndose outros consistorios para ampliar o alcance desta proposta de xeración e uso de enerxía limpa, que provén directamente dunha empresa produtora de enerxía renovable, a través dun contrato bilateral (ou PPA).
Cun importe máximo de 40 millóns de euros o contrato ten unha duración de 2 anos, coa posibilidade de amplialo a 7 anos. Desta maneira os consistorios poden ter estabilidade xurídica para os contratos de subministración de enerxía.
Tanto o presidente de Adercou como o Director Xeral destacan a importancia desta proposta á hora de “facilitar aos concellos do rural a redución dos custos enerxéticos a través do uso de enerxías renovables, cos beneficios económicos e ambientais que supón ampliar o alcance da enerxía limpa ás administracións públicas.
A día de hoxe , outros concellos xa manifestaron o seu interese por formar parte e beneficiarse deste acordo marco, proxecto que é pioneiro en Galicia polo número de concellos que se uniron para sacalo adiante e beneficiarse a unha axuda do Inega por importe de máis de 122.000 €.
Medios:
Proxecto Leader, ampliaci�n de cr�dito
(26.06.2024)
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural de Galicia, publica no DOG nº 123 de hoxe, 26 de xuño, a resolución de ampliación de crédito e redistribución de dos importaciones por grupos de desenvolvemento rural (GDR) e por tipoloxías de gasto, correspondiente a convocatoria de proyectos Líder (submedida 19.20 do PDR de Galicia 2014-20) para una anualidade 2024.Podes leer una publicación completa en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240626/AnuncioO90-170624-0001_gl.html
No que atinxe ao noso Grupo de Desenvolvemento Rural, son varios os expedientes que se verán afectados positivamente por esta nova resolución. Está previsto que se aproben na próxima Xunta Directiva, cuxa convocatoria se formalizará mañá, 27 de xuño de 2024.
Presentaci�n Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais (Red CCF)
(04.06.2024)
Agan, a Asociación Galega de Actividades Náuticas, presenta a Rede de Curceiros Costeiros e Fluviais (Red CFF) dos destinos náuticos sustentables de España e dos Estudios de destino náutico da provincia de Ourense, o próximo xoves, 6 de xuño, ás 11:00 h, na Aula Central do Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense).
Se desexas asistir, podes confirmar a túa presenza no teléfono 665818080 ou no enderezo electrónico proyectos@aganplus.org.
M�is de 2 mill�ns de euros para xesti�n dos GDR
(15.12.2023)
Os Grupos de Desenvolvemento Rural contarán cunha nova achega de máis de dous millóns de euros para xestionar dentro do marco do programa Leader 2024, de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, que conta co cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) .
A Xunta de Galicia asinou a terceira fase do convenio de colaboración, que contempla esta dotación económica, entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, e os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia
Un investimento que permitirá a cobertura financeira de gastos estruturais dos novos proxectos que se desenvolvan nas áreas dos 24 GDR galegos, que permitirán dinamizar o territorio e axudar a crear emprego.
Convenio con ABANCA para atraer novos proxectos
(13.11.2023)
O noso Grupo de Desenvolvemento Rural (ADERCOU) e ABANCA, vimos de asinar un convenio de colaboración que pon o foco principal nos investimentos, na resposta ás necesidades do tecido produtivo comarcal e na creación de emprego e auto emprego nos diferentes sectores que a conforman.
O acordo foi asinado esta mañá en Ourense, polo coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, polo director de zona Ourense de ABANCA, Enrique Romero, polo director oficina ABANCA Valenzá José Ramón Fernández, e polo presidente de ADERCOU, manuel Seoane Rodríguez, e o tesoureiro de ADERCOU, Cándido Gómez Vázquez.
Os representantes das dúas entidades, aproveitaron o encontro para conversar sobre os retos actuais, aos que se enfrontan os distintos sectores da comarca de Ourrense e o panorama económico actual.
Este convenio, focalízase especiamente na reactivación económica a través do crédito, co obxectivo de impulsar novos proxectos e dar continuidde e mellorar a competitividade e sostibilidade dos actuais. Os beneficiarios terán acceso a condicións vantaxoxas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións ou avais.
A experiencia dunha ampla rede comercial
Por outro lado, o documento reflicte unha oferta específica para os proxectos agro gandeiros, con créditos e préstamos específicos para o sector, liñas de desconto comercial ou cofirming, entre outras. Istro tradúcese en financiamento a medida e a experiencia dunha ampla rede comercial cunha grande capilaridade e con xestores e xestoras altamente especializadas nas necesidades deste sector.
Así mesmo, os empresarios e empresarias que formen parte de Adercou, poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos de ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. O banco tamén ofrece xestores e xestoras especializadas en materia de seguros ou banca electrónca para as persoas interesadas. Ademáis, desde as oficinas de ABANCA, facilitarase información relativa ás opcións de financiamento a través dos convenios oficiais que a entidade financeira ten subscritos cos diferentes organismos públicos.
Masterclass e Cata de Vinos da IXP de Galicia, toda unha experiencia
(16.10.2023)
Onte foi un día memorable cheo de aromas e sabores excepcionais dos Viños das IXP de Galicia.
A paixón polo viño reuniunos no Centro Cultural Marcos Valcárcel, nesta xornada especial de posta en valor dos caldos das IXP de Galicia. Unha honra para Adercou, formar parte da promoción desta comunidade vitivinícola.
O acto de apertura a esta xornada foi a cargo do Vicepresidente de Adercou, Jaime Sousa, do representante da Conselleria Rural, Luis Jorge Álvarez e de Francisco en representación da Deputación de Ourense
A xerente de Adercou. explicou o proxecto de cooperación de todas as Indicacións Xeográficas Protexidas, que permiten poñer en valor estes viños que no noso territorio contan con dúas adegas: Adega Terras Mancas en Amoeiro e adega VIDES Singulares en Coles
Na Máster Class, dirixida por Luis Paadín, que se levou a cabo durante a mañá, os expertos compartiron os seus coñecementos e experiencias, brindándonos unha visión máis profunda dos viños da IXP Val do Miño.
Despois da clase maxistral levada a cabo pola mañá da man de Luis Paadín , chegaron as catas programadas para a tarde, dirixidas por Martiño Santos de VIDE, VIDE.
Unha experiencia compartida na que exploramos a diversidade e singularidade dos viños galegos, guiados por expertos na materia que nos levaron a través dunha viaxe sensorial, descubrindo as notas e matices desta rexión vinícola excepcional.
Estas actividades, forman parte dun proxecto de cooperación entre varios grupos de desenvolvemento rural, participado por nós, no que participan a Adega Terras Mancas e a VIDES Singulares , dúas adegas da IXP Val do Miño, recuperando viñedos e paraxes máxicos, e a quen lles desexamos grandes éxitos, na súa aposta polo rural,
Subvenci�ns procedemento INEGA IN418E
(19.10.2023)
Subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2023. (Código de procedemento IN418E)
- Proxecto de planificación enerxética de concellos ou agrupacións de concellos
_________________________________________________________________________________________________________________
- (22.11.2023) DOUE
- (16.11.2023) Pregos publicados no BOP o xoves 19 de outubro e unha vez vencido o prazo de alegacións por parte dos concellos integrantes nos devanditos proxectos.
_________________________________________________________________________________________________________________
- Modelo de PCA + PCT + Anexos
- Informe xurídico
- Publicación no BOP de Ourense Nº 241 de 19.10.2023
Talleres “CONSERVAS DE OUTONO POLO TERRITORIO”
(28.09.2023)
O noso Grupo de Desenvolvemento Rural organiza, xunto coa Escola de Hostalería e Turismo de Ourense, uns Obradoiros de ELABORACIÓN DE CONSERVAS DE OUTONO, a realizar, durante os próximos meses, nos seguintes concellos do rural que forman parte do noso ámbito de actuación:
- A Merca,
- A Peroxa,
- Amoeiro,
- Barbadás,
- Coles,
- Cartelle,
- Esgos,
- Paderne de Allariz,
- Pereiro de Aguiar,
- Ramirás,
- San Cibrao das Viñas,
- Toén,
- Nogueira de Ramuín,
- Xunqueira de Espadanedo.
Os obradoiros realizaranse durante os meses de outubro e novembro. Para solicitar a inscrición deberase contactar con concello donde se desexe realizar o obradoiro.
Mesa de traballo Estudo Estrat�xico para o aforro enerx�tico
(28.09.2023)
Un dos proxectos que se están xestionando no noso Grupo de Desenvolvemento Rural, apoiado polo plan Leader, que afecta a 10 concellos da nosa área de influencia é o Estudo estratéxico para a subministración enerxética que contemple a promoción do aforro enerxético.
Para dar continuidade a este expediente, no que atinxe á fase de xustificación da subvención, o pasado martes, 26 de setembro, tivo lugar unha mesa de traballo que contou coa asistencia de representantes dos concellos adheridos, persoal de Adercou e persoal técnico xurídico.
Segundo publicación no DOG nº 185 de data de hoxe, o prazo de execución e xustificación do investimento relativo a este proxecto (procedemento IN418E da Axencia Instituto Enerxético de Galicia), queda ampliado ata o 23 de outubro de 2023.
As entidades locais que se uniron a liña de axudas son: A Peroxa, Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo.
Once concellos, adscritos a ADERCOU, poder�n reducir a factura el�ctrica
(05.07.2023)
Os concellos de A Peroxa, Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo. pertencentes ao noso Grupo de Desenvolvemento Rural ADERCOU, poderán reducir os custos derivados da enerxía eléctrica grazas a unha axuda da Xunta de Galicia, de case 135.000 €, para desenvolver un proxecto conxunto, no que se analizarán os consumos e impulsará un proxecto de contratación centralizada.
A resolución desta subvención, foi explicada por Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Recuros Naturais, no encontro mantido con representantes dos concellos agraciados e membros da directiva de Adercou.
Medios:
BONO ACTIVA RURAL, axuda para a posta en marcha de actividades non agr�colas en zonas rurais.
(05.07.2023)O noso Grupo de Desenvolvemento Rural, ADERCOU,incluirá
unha nova liña de axudas ao emprendemento, o BONO ACTIVA RURAL, subvención que se encadrará dentro do Plan Leader
2023-2027, cuxa estratexia aprobou a Xunta Directiva e se presentou en asemblea, Co Bono Activa Rural, os emprendedores, terán la posibilidad de conseguir unha axuda de ata 18.000 €, dividido en dúas anualidades, para proxectos que conten cun plan de viabilidade técnica e económica e que se desenvolvan na área de influencia do noso GDR.As persoas beneficiarias desta tipoloxía de proxectos son as persoas físicas, que se dean de alta no réxime de traballadores autónomos e xeren unha actividade empresarial a titulo individual, na que alo menos cren o seu posto de traballo, a condición de que non estivesen dadas de alta no réxime de autónomos na mesma actividade para a que se solicite axuda nos últimos anos e que opten por esta modalidade na correspondiente solicitude.
Medios:
Axudas para os investimentos en transformaci�n e comercializaci�n de produtos agrarios
(27.01.2023)
Convocadas as axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2023. O código do procedemento é o MR340A.
As axudas consistirán en subvencións cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia competitiva, así como en garantías para préstamos destinados a financiar os investimentos, cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia non competitiva. As solicitudes de axuda poderán incluír soamente unha destas dúas modalidades de axuda, ou ben conxuntamente as dúas, xa que son combinables entre si nas condicións indicadas nesta orde.
Investimentos incentivables
1. Considéranse incentivables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a súa cantidade ou o seu valor económico total non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.
2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do tratado).
3. Non obstante, non serán apoiables:
a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.
b) No sector vitivinícola, os proxectos con investimentos solicitados por un importe total igual ou superior a 100.000 € relativos aos produtos descritos no anexo VII, parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.
4. Os tipos de gasto incentivables son os seguintes:
a) A construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor do 10 % do total dos gastos subvencionables.
b) A compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
d) Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das alíneas a), b) e c) anteriores.
5. Porén non serán obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e ás actividades sinalados no anexo I desta orde.
A quen vai dirixido?
Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou as sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.
Prazo: 28/01/2023 – 30/03/2023
Código de procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: MR340A
Convocatoria da XIV edici�n dos Premios Agader
(20.01.2023)
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria e as bases reguladoras da XIV edición dos Premios ao desenvolvemento rural de Galicia. A dotación orzamentaria total que destina a Consellería do Medio Rural a estes galardóns é de 80.000 euros, a razón de 10.000 euros para cada un dos gañadores participantes nas oito categorías establecidas. O obxectivo destes premios é recoñecer por parte do Goberno galego aquelas iniciativas que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada, tal e como se explica nas bases e na convocatoria.
Na resolución indícase que existen oito categorías: de mocidade, para persoas de menos de 40 anos; paisaxe rural, para iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nas que se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario; de interese social, para aqueles proxectos orientados á integración de colectivos desfavorecidos ou do coidado dos maiores; categoría de turismo; do sector agrogandeiro; de mulleres, para iniciativas levadas a cabo ou encabezadas por elas; de innovación tecnolóxica e, por último, de recuperación e posta en valor da terra agraria.
-Fonte: Xunta.gal-
Acceder ao procedemento, bases e formulario de participación
A Directora de Agader, In�s Sant� Riveira, visita a promotores de Adercou
(13.01.2023)
No día de hoxe, recibimos a visita da Directora de AGADER, Inés Santé Riveira, para coñecer algúns dos investimentos levados a cabo no noso territorio, coa medida Leader 2021/2022, apoiados polo noso Grupo de Desenvolvemento Rural, .
Tres, foron os proxectos presentados hoxe man dos seus propios promotores, que perseguen a dinamización do rural e unha aposta pola creación de emprego:
–Social Rural Truck:
Promotor: Xeracción S. Coop. Galega
Obxecto: Achegar os servizos de atención psicosocial e mediación do Programa “Sementando Cidadanía” á poboación do rural dos 17 concellos pertencentes ó GDR11.
–Pensión Casa da Fonte:
Promotor: Juan Carlos Cortés
Obxecto: Establecemento hoteleiro. Pensión 2** (Ramirás)
–Museo do Lebre:
Promotor: Concello de A Peroxa
Obxecto: Exposición que busca rescatar e revalorizar a figura de “o lebre de Casarizas”, un inventor e artesán multidisciplinar
No percorrido realizado polas distintas ubicacións dos proxectos visitados, a Directora de Agader, estivo acompañada por Manuel Seoane, alcalde de A Peroxa e presidente de Adercou; Ricardo González, Alcalde de Toén; Isabel Gil, Alcaldesa de Ramirás, Gabriel Alén, Delegado Territorial en Ourense e Cecilio Santalices, xefe da Área Provincial de Turismo en Ourense
Medios:
Axudas LEADER. Convocatoria anualidades 2023-2024
(10.01.2023)
Convocatoria en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2023 e 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local).
A quen vai dirixido?
Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII das bases reguladoras, poderán ser beneficiarias das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Prazo de presentación de solicitudes?
Segundo o artigo 4 da convocatoria:
Pto. 2 – Segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.
Pto. 3 – Segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, concorrerán a esta convocatoria as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de xaneiro de 2023.
A quen se dirixen as solicitudes?
As solicitudes de axuda dirixiranse ao GDR correspondente ao territorio en que vaia executarse o proxecto de que se trate, segundo modelo normalizado ( anexo II das bases reguladoras) que, en todo caso, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas respectivas sedes dos GDR. A relación dos GDR de Galicia consta na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Código de procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: MR701D
PECHE DO LEADER 2014/2020 E APROBACI�N DA ESTRATEXIA PARA O LEADER 2023/2027
(20.12.2022)
A nosa Asociación Adercou, GDR11, xestora do programa LEADER 2014/2020 hoxe día 20 de decembro de 2022 presentou a súa estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para concurrir os Fondos Europeos do seguinte periodo do plan LEADER .
Reuníronse 23 representates de diferentes colectivos, Entidades Locais (Concellos integrantes de ADERCOU e Deputación) e asociación empresarias, ou colectivos sociales que son membros da súa Xunta Directiva.
Comezou o acto ca celebración da Xunta Directiva de Adercou onde se deu boa conta de todos os proxectos subvencionados e actividades promomocionais de dinamización do territorio que se levaron a cabo ao longo destos anos.
Na tarde de onte pesentouse a guía onde se recollen os todos os proxectos que o Plan Leader permitiu subvencionar.
Unha mágoa non poder contar con máis fondos dado que a demanda e a creación de iniciativas no rural é moito maior que as que reciben ou chegan a acadar esta axuda Europea. Axudas que poden percibir ata o 50% do investimento cun máximo de 200.000 €.
Tamén as Iniciativas non productivas teñen cabida neste programa e reciben fondos que lles permiten as socaicións ou Concellos ofrecer servizos no rural. Como é o caso, por exemplo, dunha furgoneta adaptada, a “Social TRUCK”, que poderá dar asesoramento e atención nos lugares con peores comunicación ou simplemente dunha forma máis cómoda para a xente maior, optimizando servizos e tempo.
Despois de facer a presentación de todos os proxectos deste ano, chegou o momento de presentar a nova estratexia que permitira continuar como PROXECTOS PILOTO dúas iniciativas que este ano se puxeron a andar , como son os produtos de KM0, achegando aos colexios e fomentando dende a infancia o consumo de produtos de cercania. Tamén proxectos de reciclaxe como o aproveitamento do aceite usado que xunto co IES de Vilamarin traballaremos en seguir sacando ideas e proveito para a agricultura e o turismo rural.
A colaboraci�n de Adercou co IES de Vilamar�n e co CIFP da Farixa d� os seus froitos.
(15.12.2022)
A aposta de ADERCOU por motivar no desenvolvemento do rural, aos mozos e mozas que están a formarse nos centros educativos do noso territorio, viuse reflectida, neste caso, no acordo de colaboración asinado o pasado mes de xuño, entre o presidente deste GDR, Manuel Seoane e os representantes do IES Vilamarín e CIFP da Farixa, Eva Fachada e José Manuel Paredes, respectivamente.
Un acordo que, seis meses despois, acada os seus froitos coa elaboración de
- unha Guía de Roteiros de Sendeirismo, polos alumnos de Turismo do CIFP A Farixa , e
- un Manual de Elaboración de Xabóns, por parte dos alumnos do IES Vilamarín
Estes traballos, editados por ADERCOU, foron entregados hoxe, de mans do noso presidente, aos directores dos dous centros de Formación Profesional, quen recibiron ademais, a Guía completa de proxectos que axudamos a desenvolver a distintos promotores da nos área de influencia, dentro Programa LEADER-Galicia 2014-2020 • 2021-2022.
Medios:
Colabora con n�s na elaboraci�n da Estratexia de Desenvolvemento Rural 2023-2027
(08.11.2022)
O Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, somos unha entidade de portas abertas que estamos a elaborar a estratexia do Plan de Desenvolvemento Rural 2023-2027.
Para poder prestar apoio naqueles eidos e proxectos que máis o precisan, precisamos da túa colaboración. Como podes facelo? Informando dos teus intereses, propostas, suxestións… na enquisa que achegamos e que podes cubrir en liña.
Preme na imaxe para acceder á enquisa. Non che levará máis duns minutiños.
Plan de Desenvolvemento Rural 2023-2027
(20.10.2022)
O Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, somos unha entidade de portas abertas que estamos a elaborar a estratexia do Plan de Desenvolvemento Rural 2023-2027.
Queremos achegar apoio naqueles eidos que máis o precisan. Para elo, precisamos da túa colaboración, coa achega de suxestións, propostas, proxectos… que vaian na procura dun desenvolvemento sostible e perdurable.
Con esa premisa, abrimos distintas mesas sectoriais, (Agro-forestal, sociocultural, industrial, empresarial,…) na que solicitamos a túa participación.
Para máis información podes contactar con nós no 988 36 01 73
Tes moito que aportar!! Agardámoste!!
Xornada para o conecemento do patrimonio
(19.10.2022)
Imaxes da actividade, realizada hoxe, para o coñecemento do patrimonio e lugares de especial interese turístico, dirixida a representantes da área de Turismo dos concellos participantes, asociacións, guías turísticos….
Os principais obxectivos deste programa posto en marcha polo noso Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, son:
• Poñer en valor o extenso e variado patrimonio, cultural e natural, dos concellos ourensáns dentro do territorio de ADERCOU.
• Dar a coñecer todo ese patrimonio.
• Fomentar o intercambio entre os territorios próximos para un maior coñecemento.
• Promover actividades dirixidas aos diferentes colectivos e asociacións do territorio para coñecer as zonas próximas e poder difundilas.
• Concienciar sobre a protección e valorización destes recursos.
• Visibilizar o traballo feito coa protección da razas autóctonas galegas.
Agradecementos ao IES VILAMARINN que nos deu unha verdadeira demostración de recursos, dos seus mozos e mozas, á hora de utilizar produtos do Territorio.
Grazas tamén aos docentes que tan amablemente nos atenderon.
Un luxo de xornada.
Adercou entidade colaboradora na medida Leader Galicia para o per�odo 2023-2027
(21.09.2022)
Esta Asociación de Desenvolvemento Rural para a Comarca de Ourense, vén de ser nomeada, polo Consello de dirección de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), entidade colaboradora na medida LEADER Galicia para o período 2023-2027.
ADERCOU e ABANCA asinan un convenio financeiro para o desenvolvemento de novos proxectos
(21.09.2022)
No día de hoxe, este Grupo de Desenvolvemento Rural e a entidade financeira, ABANCA, asinaron un convenio de colaboración para o mantemento de relacións financeiras con condicións especiais, recollidas no Anexo I, do acordo, no que atinxe á:
– Póliza de Crédito para este GDR
– Condición de financiación, avais.
– Ou, contas á vista.
Tamén estableceron un acordo no tocante a beneficiarios de proxectos no agro, agrogandeiros, forestais e vitivinícolas, vinculados ao noso grupo e área de influencia, recollidos no Anexo II e III do documento asinado.
Axudas proxectos de cooperaci�n LEADER, para anualidades 2022 e 2023
(31.08.2022)
No DOG nº 165, de hoxe, 31 de agosto de 2022, publícase a convocatoria, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2022 e 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.3 do PDR (cooperación).
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios os grupos da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados polo Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, ao abeiro do Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección, publicado mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016, do director xeral da Agader (DOG núm. 42, do 2 de marzo).
Prazo de solicitudes: do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2022
Código de procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia:
Adercou, participante na xornada “Xesti�n da sustentabilidade en eventos culturais con espect�culos en vivo en espazos rurais” no Festival de la Luz
(28.08.2022)
No marco do Festival de la Luz, tivo lugar onte a xornada sobre “Xestión da sustentabilidade en eventos culturais con espectáculos en vivo en espazos rurais”, que contou coa coordinación da Asociación Deloa e a colaboración deste Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou, ademais de Gdr Costadamorte, Gdr Ulla Tambre Mandeo, GDR Ribeira Sacra – Courel, Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, GDR Salnés-Ulla-Umia, GDR Terras de Pontevedra Norte e APRODERVI.
Como poñentes, participaron, Jorge Minas (Vibomask Festival Internacional Mascarada Ibérica, Yeya Gilino (Asnot) e Evaristo Méndez (Festa de Pisa da Castaña).
A presentación correu a cargo de Marga Pazos, xornalista e presentadora da TVG.
Como broche final, actuación de Catuxa Salom.
Ti contas. Contamos contigo!
(21.07.2022) Estamos a elaborar a estratexia do Plan de Desenvolvemento Rural 2023-2027.
Queremos achegar apoio naqueles eidos que máis o precisan. Para elo, precisamos da túa colaboración, coa achega de suxestións, propostas, proxectos… que vaian na procura dun desenvolvemento sostible e perdurable. Somos unha entidade de portas abertas.
Para máis información podes contactar con nós no 988 36 01 73 Tes moito que aportar!! Agardámoste!!
Seminario de elaboraci�n de xab�ns e deterxentes
(29.06.2022)
O noso Grupo de Desenvolvemento Rural organiza, xunto coa Escola de Hostalería e Turismo de Ourense, uns seminarios de elaboración de xabóns e deterxentes, en cada un dos concellos do rural que forman parte do noso ámbito de actuación: A Merca, A Peroxa, Amoeiro, Barbadás, Coles, Cartelle, Esgos, Gomesende, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo.
A actividade consiste na elaboración de produtos de limpeza naturais (xabóns e deterxentes), utilizando como materia prima entre outros, aceites de refugallo, flora ornamental, plantas con propiedades medicinais da zona, poñendo en valor tanto a sustentabilidade como a natureza da contorna.
Cada obradoiro terá unha duración de 4 horas, de 16:00 a 20:00 h, desenvolvéndose segundo o seguinte calendario:
Para asistir aos seminarios é preciso inscribirse no concello de referencia. Establécese un máximo de 15 persoas por obradoiro.
Recibimos ao GDR, Asdecomor de Ordes
(22.06.2022)
Xornada de intercambio de experiencias entre dous GDR, Asdecomor e Adercou.
Representantes do Gdr ASDECOMOR, o alcalde de Ordes, o concelleiro de Oroso e o xerente da asociación, achegáronse ao noso territorio para realizar traballos de campo e poder coñecer in situ dúas accións desenvolvidas na nosa área e financiadas polo programa #Leader.
A primeira visita foi á casa comunitaria Paderne de Allariz, onde unha reforma de 5 vivendas nunha zona rural pon en valor un servizo coidadoso e de calidade para os nosos maiores.
A segunda, foi a reunión de traballo cos alcaldes de Pereiro de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas, que están a executar o proxecto de creación e implantación dun servizo de cartografía (WMS) para a xeolocalización de edificacións e parcelas co obxectivo de facilitar a dotación de servizos aos seus veciños. Un proxecto que é necesario para poder actualizar a numeración de forma coordinada e organizada co catastro. E que ademais, segundo recoñecen os alcaldes e os quen o coñece, ten múltiples posibilidades de servizos á poboación.
Acordo de Colaboraci�n co IES de Vilamar�n e co CIFP da Farixa
(22.06.2022)
O presidente de Adercou, Manuel Seoane asinou un Acordo de Colaboración co IES de Vilamarín e co CIFP da Farixa.
Sen lugar a dúbidas, unha gran aposta por motivar aos mozos e mozas que se están formando nos centros do noso territorio.
Realizaremos actuacións conxuntas que permitan poñer en valor o rural dos 17 Concellos integrantes de ADERCOU, a través de roteiros de sendeirismo e valorización dos productos agrarios.
30 aniversario do Plan Leader
(15.06.2022)
O presidente da Xunta de Galicia , Alfonso Rueda Valenzuela, destacou o impulso do Plan Leader para o rural. Así o relatou onte, no acto conmemorativo do 30 aniversario deste programa, que tivo lugar en Cenlle.
Un pulo ao desenvolvemento rural cun investimento de máis de 930 millones de euros nos últimos 30 años.
Rueda, agradeceu o compromiso dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia (GDR), quen co seu traballo contribúen na creación de emprego e da economía local.
Medios:
Os concellos de San Cibrao e Pereiro xeolocalizan os seus inmobles co co-financiamento do Plan Leader
(11.05.2022)
M�is de 12.000 veci�os dos concellos de San Cibrao das Vi�as e Pereiro de Aguiar beneficiaranse dun proxecto de numeraci�n e xeolocalizaci�n dos seus inmobles que estase po�endo en marcha nos concellos de San Cibrao das Vi�as e Pereiro de Aguiar.
Van a contar con nova numeraci�n, respectando na medida do posible a xa existente, que ser� homox�nea en cada concello e que facilitar� moito a localizaci�n de cada inmoble coas m�ltiples vantaxes que iso sup�n, como favorecer o cumprimento das competencias das diferentes administraci�ns as� como a prestaci�n dos servizos por parte de profesionais e empresas do sector privado.
No d�a de onte, a empresa concesionaria e os alcaldes dos dous municipios mantiveron unha reuni�n na que se abordaron diversas cuesti�ns para seguir avanzando na execuci�n do proxecto, present�ronse xa os modelos de placas de numeraci�n as� como as caracter�sticas da aplicaci�n inform�tica de xeolocalizaci�n que constit�e outro piar fundamental do mesmo.
O importe econ�mico ascende a mais de 141 mil euros do cal a metade ser� aportado a trav�s do programa Leader, xestionado pola nosa Asociaci�n de Desenvolmento Rural da comarca de Ourense (ADERCOU) e o resto polos dous concellos.
Medios:
� �
� �
Acto institucional e de apoio da IXP Val do Mino-Ourense.
(03.05.2022)
Onte, o Centro Cultural Marcos Valcárcel, acolleu un acto institucional e de apoio da IXP Val do Miño-Ourense.
Dentro da xornada e Túnel do Viño. presentouse o proxecto de cooperación “Dinamización e promoción dos viños das IXP de Viños de Galicia”.
José Eduardo López Pereira e as adegas do noso territorio, Adega Terras Mancas e VIDES Singulares, puxeron en valor a tradición histórica das súas producións.
Posteriormente, Isabel Barros Otero (Conselleria do Medio Rural en Ourense) e Francisco Rego Martínez (experto en viticultura), perfectos coñecedores de como se xestou a IXP Val do Miño-Ourense, expuxeron a situación e contexto da primeira Indicación Xeográfica de Galicia, aprobada pola Comisión Europea en 2001.
Dende o noso Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou, queremos agradecer a implicación das autoridades e institucións a este acto tan importante para estes dinamizadores do territorio que apostan por viños singulares. Agradecemento que facemos extensivo de parte dos seus produtores.
MEDIOS:
– Ver vídeo en Youtube – Canle La Región
– Suplemento “Somos Agro” de La Voz de Galicia
Os GDR contamos co apoio da Deputaci�n de Ourense
(18.03.2022)
A Deputacion Ourense intégrase coma socia en todos os GDR do seu territorio achegando soporte técnico e económico.
O seu presidente, Manuel Baltar mantivo onte unha reunión cos representantes dos seis Grupos de Desenvolvemento Rural para formalizar a colaboración.
Esta iniciativa contou coa aprobación unánime no último pleno de debate sobre o estado da provincia da Deputación ourensá.
Ver noticia en medios: