Na sede desta Asociación de Desenvolvemento Rural, presentouse un innovador proxecto que permite o acceso da banda ancha de internet á poboación da Mancomunidade de Santa Águeda, formada polos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín.
Esta iniciativa, pon fin á fenda dixital que ata agora tiñan os habitantes e empresas do rural, unha desvantaxe respecto á poboación urbana, permitindo a equiparación dos servizos.
Os veciños destas áreas disporán dun paquete de servizos, que incluirá o uso de internet ilimitado , teléfono fixo, teléfono móbil e incluso televisión, a prezos moi competitivos.
Sen dúbida, unha acción que será moi ben recibida polos habitantes destas poboacións do rural.