O segredo mellor gardado dos Viños de Galicia busca exploradores .
Convidámoste ás Xornadas de Enoturismo das IXP de Viño de Galicia: unha proposta conxunta para percorrer o noso territorio a través dos seus 5 itinerarios vitícolas máis auténticos.
Unha oportunidade única para saborear a nosa gastronomía, cultura e paisaxes de xeito totalmente gratuíto.
Toma nota do calendario das xornadas:
- Barbanza e Iria (Pazo de Goiáns, Boiro) · Martes 16 de xuño.
- Val do Miño Ourense (Pazo de Trasalba, Amoeiro) · Luns 22 de xuño.
- Betanzos (Pazo de Mariñán, Bergondo) · Luns 29 de xuño.
- Ribeiras do Morrazo (Mosteiro de Poio) · Venres 3 de xullo.
- Terras do Navia (Casa do Cazador, Negueira de Muñiz) · Luns 13 de xullo.
Cada cita inclúe a presentación dos itinerarios, visitas guiadas e catas comentadas maridadas con produto local .
Unha viaxe irrepetible polas Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, onde o mar, os ríos e a chuvia modelaron paisaxes abraiantes e viños artesanais de altísima calidade . Prazas limitadas!
