A Xunta Directiva do noso grupo de desenvolvemento rural, reuníuse hoxe no Centro Marcos Valcárcel, xestionado pola Deputación de Ourense.
No encontro, aprobáronse os proxectos de promoción da comarca de Ourense, zona de influencia de Adercou, apostando por incentivar o consumo dos produtos chamados de “Quilómetro cero” ou produtos de proximidade.
Outra das liñas de apoio establécese no fomento do emprendemento no rural, co fin de avivar o tecido económico, así coma establecer poboación.
Adercou contará coa colaboración do Inorde, cuxa xerente, Emma González asistiu ao encontro de esta mañá, e a CEO, dous estamentos ourensáns que apostan firmemente polo desenvolvemento da provincia.