O Pazo de Trasalba acolleu a presentación da Ruta dos Viños con Esencia de Río, unha proposta que invita a descubrir o territorio do Val do Miño-Ourense a través dos seus viños, da súa paisaxe fluvial e do seu rico patrimonio cultural.
A xornada, organizada no marco do proxecto de cooperación “Desenvolvemento do Enoturismo nas IXP de Viño de Galicia”, reuniu a profesionais do sector, representantes institucionais, adegas e público interesado en impulsar novas oportunidades para o medio rural.
Dende ADERCOU seguimos apostando por iniciativas que poñan en valor os recursos locais, fomenten a colaboración entre os diferentes axentes do territorio e contribúan a crear experiencias turísticas de calidade arredor da cultura do viño.
Un paso máis para consolidar o Val do Miño-Ourense como destino enoturístico de referencia en Galicia.
