Novas oportunidades para impulsar o rural con Adercou

Andaina A Merca - Proxecto Coñece e saborea Ourense

Aberta unha nova convocatoria de axudas Leader, con máis de 1 millón de euros para apoiar iniciativas que xeren emprego, impulsen o emprendemento e melloren os servizos.

Emprendedores, empresas, asociacións, administración local, dos 17 concellos do noso territorio, Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Cartelle, A Merca, Paderne de Allariz, Ourense, Xunqueira de Espadanedo, Gomesende e Ramirás, poderán solicitalas a través do noso Grupo de Desenvolvemento Rural ADERCOU.

  • Empresas: axudas de ata 100.000€
  • Asociacións e entidades sen ánimo de lucro: ata 50.000€
  • Proxectos vinculados ao sector agrario, transformación de produtos, turismo, servizos á poboación ou creación de novas empresas.

O principal obxectivo destas achegas é apoiar a quen aposta por vivir, traballar e emprender no rural.

Se tes unha idea ou proxecto, contacta co noso equipo técnico e recibe asesoramento personalizado.

A noticia nos medios:

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad