Un dos proxectos que se están xestionando no noso Grupo de Desenvolvemento Rural, apoiado polo plan Leader, que afecta a 10 concellos da nosa área de influencia é o Estudo estratéxico para a subministración enerxética que contemple a promoción do aforro enerxético.
Para dar continuidade a este expediente, no que atinxe á fase de xustificación da subvención, o pasado martes, 26 de setembro, tivo lugar unha mesa de traballo que contou coa asistencia de representantes dos concellos adheridos, persoal de Adercou e persoal técnico xurídico.
Segundo publicación no DOG nº 185 de data de hoxe, o prazo de execución e xustificación do investimento relativo a este proxecto (procedemento IN418E da Axencia Instituto Enerxético de Galicia), queda ampliado ata o 23 de outubro de 2023.
As entidades locais que se uniron a liña de axudas son: A Peroxa, Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo.