“Mergúllate na Comarca de Ourense” con Adercou

Mergúllate na Comarca de Ourense con ADERCOU

Dende Adercou invitámoste a participar neste ciclo de actividades de promoción dos valores naturais, culturais, turísticos e gastronómicos dos concellos que integran o territorio do GDR 11 – ADERCOU, Comarca de Ourense.
Rutas de Sendeirismo temático interpretativo nos mellores entornos naturais de cada concello e degustacións de produtos locais e moito máis para desfrutar e coñocer este extenso e rico territorio da provincia de Ourense.


O proxecto desenvólvese en 6 xornadas, cada unha delas nun dos concellos participantes no proxecto: A Peroxa (2 xornadas) , Barbadás, Coles, Cartelle e Pereiro de Aguiar.

 

O grupo de actividades en cada xornada inclúe unha ruta de sendeirismo temática e interpretativa, de nivel fácil ou moderado, en espazos naturais dos concellos e unha degustación de produtos locais preparada e presentada nun dos establecementos hosteleiros da zona.

 

As actividades son aptas en xeral para calquer persona cun mínimo de forma física e afeita a camiñar. En xeral son aptas para familias con nenos de +7 anos

As actividades de sendeirismo serán guiadas e interpretadas por técnicos/as titulados en sendeirismo e turismo, e grandes coñecedores da provincia de Ourense.

A inscripción previa é obligatoria para poder participar nas actividades do programa Mergúllate na  Comarca de Ourense.

 

INSCRICIÓNS

O 20 de agosto de 2026 abre o prazo de inscrición. Só está permitido anotarse a un máximo de 1 xornada-concello por persoa
No formulario aparecerán as actividades nas que hai prazas dispoñíbles (40 prazas por concello)

Nas actividades con prazas esgotadas abrirase unha lista de agarda e se contactará coas persoas en espera se se liberan prazas.

 

PROGRAMACIÓN:

  • 19 de setembro: A PEROXA
    Ruta: Travesía do río Miño. A Peroxa – Os Peares 11 km – Dif: Fácil
    Degustación: O Castelo – O Solpor
    Visita: Museo do Lebre

  • 20 de setembro: BARBADÁS
    Ruta: O Tangaraño e San Benito de Cova do Lobo. 7 km – Dif: media.
    Degustación: Restaurante Os Faroles (A Valenzá)

 

  • 26 de setembro: CARTELLE
    Ruta: Muíños do Río Gato e Torre de Sande (9 km – Dif: Difícil)
    Visita: Adegas de Mogos e Asociación Entroido de Sande
    Degustación: Bar Katy (Cartelle)


  • 27 de setembro: COLES
    Ruta: Ruta do Concello de Coles (12 km, Dif: Media)
    Visita: Pazo de Fontefiz
    Degustación: Rectoral de San Eusebio – Vides Singulares

  • 4 de outubro: O PEREIRO DE AGUIAR
    Ruta: Sicenata Pacata (8,5km Dif: Fácil)
    Degustación: Casa Alejandro (Melias)
    Visita: Igrexa de Santa María de Melias

 

  • 11 de outubro: A PEROXA
    Ruta: A Paraxe Sacra da Peroxa (12km Dif: media)
    Degustación: Casa do Agro (A Peroxa)
    Visita: Museo do Lebre

Máis información

inscripciones@surbia.es

621 08 33 62 20

Algunhas imaxes de actividades realizadas o pasado ano 2025

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad