As andainas de A Merca e Barbadás darán inicio ao programa “Coñece e Saborea Ourense”, que desenvolverá a firma Surbia Natura.
- Sábado, 6 de setembro: A MERCA
Ruta: A Cande do Ruca e os seus miradoiros (Rubillós)
8KM – Dificultade media
Degustación: O Mesón do Labrego (A Merca) - Domingo, 7 de setembro: BARBADÁS
Ruta: o Tangaraño e San Benito de Cova do Lobo. (Saída de A Valenzá)
7KM – Dificultade media
Degustación: Restaurante Os Faroles (A Valenzá)
“Coñece e Saborea Ourense” contempla diferentes rutas de sendeirismo temático interpretativo nos mellores entornos naturais de concellos adscritos ao noso Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, con degustación de produtos locais.
Ofértanse 40 prazas por cada actividade que poderanse solicitar neste Formulario de inscrición.
Respectaranse as prazas por rigorosa orde de anotación. As persoas que non entren no cupo de inscritos/as pasarán a unha listaxe de reserva e serán avisadas en caso dalgunha baixa.
Anímate e participa nun plan saudable que che permitirá gozar do noso territorio e dos seus produtos!!
