Masterclass e Cata de Vinos da IXP de Galicia, toda unha experiencia

IXP viños de Galicia - Adercou

Onte foi un día memorable cheo de aromas e sabores excepcionais  dos  Viños das IXP de Galicia.

A paixón polo viño reuniunos no Centro Cultural Marcos Valcárcel,  nesta xornada especial de posta en valor dos caldos das IXP de Galicia. Unha honra para Adercou,  formar parte da promoción desta comunidade vitivinícola.

O acto de apertura a esta xornada foi a cargo do Vicepresidente de Adercou, Jaime Sousa, do representante da Conselleria Rural, Luis Jorge Álvarez e de Francisco en representación da Deputación de Ourense 

A xerente de Adercou. explicou o proxecto de cooperación de todas as Indicacións Xeográficas Protexidas, que permiten poñer en valor estes viños que no noso territorio contan con dúas adegas: Adega Terras Mancas en Amoeiro e adega VIDES Singulares en Coles

Na Máster Class, dirixida por Luis Paadín,  que se levou a cabo durante a mañá, os expertos compartiron os seus coñecementos e experiencias, brindándonos unha visión máis profunda dos viños da IXP Val do Miño.

Despois da clase maxistral  levada a cabo pola mañá da man de Luis Paadín , chegaron as catas programadas para a tarde, dirixidas por Martiño Santos de VIDE, VIDE.

Unha experiencia compartida na que exploramos a diversidade e singularidade dos viños galegos, guiados por expertos na materia que nos levaron a través dunha viaxe sensorial, descubrindo  as notas e matices desta rexión vinícola excepcional.

Estas actividades, forman parte dun proxecto de cooperación entre varios grupos de desenvolvemento rural, participado por nós, no que participan a Adega Terras Mancas  e a  VIDES Singulares , dúas adegas da IXP Val do Miño,  recuperando viñedos e  paraxes  máxicos, e a quen lles desexamos grandes éxitos, na súa aposta polo rural.

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad