Do 19 ao 22 de maio, a Casa de Paco de Lucía en Toledo acollerá unha residencia creativa que reunirá a artistas emerxentes galegos e andaluces nun espazo de aprendizaxe, creación e diálogo con especialistas consolidados. Unha oportunidade única para conectar tradición e innovación!
Esta é a primeira acción do proxecto de cooperación INTERRITMOS, RAÍCES VIVAS, no marco da medida Leader de Galicia – PAC 2023_2027.
Os músicos emerxentes seleccionados de Interritmos Galicia son:
- Yas Deluaces (Mazaricos)
- Nanu Sniba (Melide)
- Maghúa (A Coruña)
- David Fontaíña (Pontevedra)
Parabéns aos participantes! Que esta sexa unha experiencia inesquecible de aprendizaxe e creatividade compartida!
GDRs colaboradores: Asociación Deloa · GDR Comarca de Lugo · GDR Asociación Miño Ulla · GDR Ribeira Sacra – Courel · Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea · GDR Adercou · GDR Terra e Auga · GDR Terras de Pontevedra Norte · GDR Salnés-Ulla-Umia · Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes · GDR Costa da Morte
Entidades colaboradoras:
Fundación Paideia Galiza
Fundación Paco de Lucía




