Esta fin de semana estivemos no Festival da Luz presentando o proxecto de cooperación Leader Interritmos. Raíces Vivas.
Unha iniciativa que busca acompañar novos talentos da música de raíz, poñer en valor o noso patrimonio cultural inmaterial e crear unha ponte entre a tradición galega e o flamenco .
No encontro “Unha ponte entre o tradicional e o flamenco” compartimos conversa con referentes como Xurxo Fernandes, intérprete e investigador da música galega e safardí, Montse Rivera, bailadora e recopiladora da transmisión oral, Faustino Núñez, musicólogo, David Pino, cantaor flamenco e Julia Pozo, folklorista, conducidos por Patricia Hermida, manager e Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia Galiza.
Ademais, gozamos das actuacións no escenario Interritmos de Meiga I, Habló Pablo, As Lembranzas, Maghúa e Nimbos, que encheron de vida e enerxía a nosa música .
- Manter vivas as tradicións, a cultura e as costumes
Proxecto no marco da intervención Leader de Galicia – PAC 2023_2027
GDRs colaboradores:
Deloa, GDR Comarca de Lugo, GDR Ribeira Sacra Courel, GDR Sil Bibei Navea, GDR Terra e Auga, GDR Salnes Ulla Umia, Asdecomor, GDR Costa da Morte, GDR Miño Ulla, Adercou
Entidades colaboradoras:
Fundación Paco de Lucía








