Paderne de Allariz, conta xa con vivendas sociais para a atención de persoas maiores, cuxo proxecto foi inaugurado onte, contando coa presenza de Fabiola García, conselleira de Política Social, o director xeral de Agader, Miguel Pérez Dubois, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, alcaldes dos concellos de San Cibrao, Xunqueira de Espadanedo, Esgos, Nogueira de Ramuín e membros da xunta directiva de Adercou.
Trala rehabilitación deste conxunto de casas antigas, que comparten un patio común, doce persoas maiores, poderán vivir e ser asistidos, nun entorno natural, o que ademais de axudar a manter poboación no rural e recuperar o patrimonio, colabora no desenvolvemento laboral e económico da contorna.
Esta iniciativa, que parte da firma Rio Seco, SL., contou coa participación económica dos fondos Leader 2014-2020, distribuidos por AGADER a través do GDR11 Adercou
MEDIOS