Dende ADERCOU seguimos impulsando o desenvolvemento do rural con iniciativas que xeran oportunidades no territorio.
Un total de 45 proxectos da nosa área de influencia, optan a fondos europeos, con propostas moi diversas que van desde promoción da vivenda ata innovación en servizos industriais.
Estes proxectos reflicten o talento, a iniciativa empresarial e o compromiso coa dinamización económica e social da nosa contorna.
Seguimos traballando para apoiar ideas que constrúen futuro no rural.


