II Encontro Leader Galicia

Representantes do equipo directivo e técnicos dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs), acudiron ao II Encontro Leader Galicia, celebrado onte en A Estrada.

Acto que contou coa presenza do conselleiro de Medio Rural y presidente de Agader, José González. Na súa intervención destacou a importancia dos investimentos do programa Leader  que investirá no período 2007-2020 ao redor de  175 millóns de euros en beneficio do agro galego, consolidándose así como «un dos mecanismos de maior investimento no noso rural». O conselleiro destacou tamén o traballo dos 24 GDR galegos a quen considera “primordiais para lograr a dinamización do rural galego e entes prioritarios á hora de implantar políticas de desenvolvemento”.  

A xornada recolleu ademais,  un amplo programa de actividades: coloquios de intercambio de impresións entre os distintos GDR, conferencias formativas, foros sobre o potencial do  turismo como pilar do desenvolvemento rural….

Presentáronse tamén os  premios Leader aos que poden optar os promotores que lanzaron proxectos de turismo rural e que poden presentar a súa solicitude de participación nestes premios entre o 16 de setembro e o 21 de outubro deste ano en curso.

– O Conselleiro de Medio Rural, cos presidentes dos GDR e xerentes dos 24 grupos. –

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad