O Colexio Guillelme Brown xa conta coa distinción  Comedor Escolar KM𝟎 ®

Adercou - Guillelme Brown, comedor escolar

O Colexio Guillelme Brown no Concello do Pereiro de Aguiar, recibe a distinción  Comedor Escolar KM𝟎 ® no marco do proxecto “Comedores Responsables KM0”.

Este recoñecemento pon en valor o compromiso do centro cun modelo de comedor escolar máis saudable, sostible e ligado ao territorio,  baseado no uso de produtos locais, de tempada e de proximidade.

O centro participa neste proxecto xunto con outras 57 colectividades de toda Galicia e preto de 110 integrantes do tecido produtivo   dos territorios dos oito Grupos de Desenvolvemento Rural implicados, entre eles este GDR Adercou, no que se integra o Concello do Pereiro de Aguiar. A iniciativa, coordinada polo GDR Terras de Compostela, busca fortalecer as canles curtas de comercialización, apoiar aos produtores locais e achegar a alimentación escolar ao produto do territorio .

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad