Formacións no territorio GDR Adercou

Formación no GDR Adercou

O mes de abril marcou o inicio das accións formativas do programa Comedores Responsables KM0 no GDR Adercou, cunha participación moi activa por parte de colectividades e tecido produtivo do territorio.

Durante estas semanas celebramos:

  • Formación en Abastecemento para Colectividades, centrada en mellorar a conexión co produto local e optimizar a compra de proximidade.
  • Formación en Seguridade Alimentaria para Colectividades, abordando normativa, boas prácticas e garantías para ofrecer un servizo responsable e seguro.
  • Nutrición, formación centrada na alimentación nos comedores, adaptada ao decreto e ao produto local, abordando bases nutricionais, calidade dos alimentos e a súa aplicación práctica. 

Ao mesmo tempo, o tecido produtivo participou en sesións específicas sobre:

  • Aplicación do RD 315/2025 e o seu impacto nos provedores.   Análise da situación produtiva local, incluíndo loxística e certificación.
  • Seguridade Alimentaria,  esencial para traballar con colectividades e comedores colectivos con todas as garantías.
    Queremos agradecer especialmente a implicación de produtores, empresas agroalimentarias, centros educativos e profesionais da alimentación que participaron nestas xornadas. A súa participación activa, as preguntas, as achegas e o intercambio de experiencias enriquecen o proxecto e demostran que hai vontade real de avanzar cara a un modelo máis sostible.

Este tipo de formación non só mellora competencias técnicas, senón que fortalece a rede local, crea oportunidades de colaboración e reforza o vínculo entre quen produce e quen alimenta diariamente ás nosas comunidades.


Seguimos traballando para impulsar comedores máis responsables, máis conectados co territorio e co produto galego de calidade.

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad