Tal e coma anunciamos hai uns días, dende o grupo de desenvolvemento rural GDR11 ADERCOU, estase levando a cabo seminarios sobre o manexo de fincas ecolóxicas, impartido por D.Axel Torrejón Pineda, un enxeñeiro agrónomo especialista en asesoramento e formación na agricultura ecolóxica.
No día de hoxe déronse, día do primeiro seminario dos catro que se van realizar, participaron máis de 40 persoas interesadas en formarse e apostar por unha alimentación e produción que vaia encamiñada a produtos ecolòxicos. Formación que ben seguro repercute en produtos máis sans e mellores para a saúde e o medio ambiente.
O docente, hoxe, deu a coñecer a importancia do manexo do solo e o xeito de axudalo a controlar certos desordes e deficiencias de nutrientes, pragas e enfermidades.
Esta iniciativa subvencionada por Adercou a través do programa LEADER continuará a finais de marzo con segundo seminario que se centrará en difundir os coñecementos precisos para o control de pragas e enfermidades.
Deixando para finais de xuño e agosto dous días completos para traballos de campo, onde se elaborarán produtos para o control das pragas e enfermidades estudadas anteriormente, así como a elaboración de diferentes compós a través de materias primas adecuadas segundo o tipo de cultivo.
Medios: