ADERCOU promove o curso de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios

Adercou promove cursos de fitosanitarios

 ADERCOU (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) financia, a través do Plan Leader un ciclo de cursos de “Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel Básico”

Debido á gran demanda de usuarios que precisan o carné de fitosanitarios para poder adquirir estes produtos, o ADERCOU está  realizándose nos concellos da Comarca de Ourense un total de oito cursos, nos que recibirán a formación unha media de 250 persoas, que poderán acceder aos exames realizados polo AGACAL entre os meses de xuño e setembro en EVEGA.

O carné fitosanitario básico é un requisito indispensable para aquelas persoas que precisen aplicar produtos fitosanitarios nos seus cultivos de forma particular ou para agricultores sen traballadores a seu cargo.

O inicio deste ciclo de cursos deu comezo no mes de xuño e onte dia 23 e hoxe dia 24 entregáronse os carnés dos que xa realizaron o exame; os primeiros en recibilo foron os concellos de Coles A Peroxa e O Pereiro, quedando pendentes por examinarse os dos Concellos de  Barbadás, San Cibrao, A Merca, Gomesende e Amoeiro, que farano no  mes de setembro.

Achégase foto do Presidente de Adercou, Manuel Seoane que entregou máis de 50 diplomas e carnés do seu Concello.

Ao longo deste verán Adercou,  tamén levará a cabo outras actuacións de posta en valor de diferentes rutas de sendeirismo polos recursos naturais máis importantes do territorio.

Estade pendente da nosa páxina web https://adercou.com onde se poderán  realizar a inscripción a  estas rutas con degustación de produtos do territorio.

[Ler noticia en Diario La Región]

[Ler noticia en Diario La Voz de Galicia]

Co alcalde de Pereiro de Aguiar, os participantes no curso de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel Básico, deste concello.
Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad