Hoxe, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
Beneficiarios
– As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
– As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
– As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades
Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos. Ex: Construcción, ampliación e/ou renovación de nave, compra de maquinaria para negocio, creación de novos negocios…
Tamén serán subvencionables proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo e que careza de finalidade lucrativa.Ex: Restauración e/ou posta en valor do patrimonio (restauración de retablos, cruceiros, canastros…posta en valor da Vía nova, de castros…) Vivendas comunitarias…xantar sobre rodas..
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será, como mínimo, dun mes e iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada grupo de desenvolvemento rural en función da dispoñibilidade de fondos.