Convenio Agader-Axencia de Turismo para a dinamización turística

Adercou - Coñece e saborea A Peroxa

A Axencia de Turismo de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) establecen un acordo de colaboración respecto das actuacións públicas sobre servizos e actividades turísticas que se poidan realizar no marco do PEPAC 2023-2027.

O convenio establece o marco de traballo conxunto, os compromisos das entidades participantes e os criterios de financiamento e seguimento das actuacións, garantindo a correcta execución dos proxectos e a visibilidade do apoio da Xunta de Galicia.

No marco deste acordo, a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) apoiaranse accións de promoción e dinamización turística que poñan en valor os recursos naturais, culturais e patrimoniais do territorio, fomentando un modelo de turismo sostible e ligado á identidade local.

  • Subvención de operacións de terceiros, a través dos GDR.

    Poderán subvencionarse unicamente:
    a) Investimentos que supoñan a creación de establecementos de restauración
    b) Investimentos que supoñan a creación de establecementos de aloxamentos turísticos
    c) Investimentos tendentes á creación e/ou mellora de empresas de servizos turísticos complementarios.
    d) Actuacións sobre rutas de sendeirismo homologadas pola Federación Galega de Montaña.
    A localización dos investimentos deberá situarse nalgún dos concellos sinalados no Anexo I do acordo.

  • Subvención de operacións desenvolvidas polos GDR.

    Poderán subvencionarse:
    a) Proxectos de sinalización turística promovidos polos GDR.
    b) Operacións de formación, no marco das estratexias dos GDR, dirixidas á profesionalización do persoal en servizos turísticos.

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad