Coñecendo e saboreando…AMOEIRO, natureza, historia e sabores de proximidade

Amoeiro - Adercou 1

O pasado sábado, un total de 40 participantes procedentes de distintos puntos de Galicia gozaron da andaina interpretativa organizada en Amoeiro, unha actividade que combina sendeirismo, patrimonio e gastronomía local.

A ruta, de carácter circular, percorreu os Cháns de Amoeiro, onde se visitaron os petroglifos e se explicou a relación desta contorna co calendario celta, así como os restos do Neolítico e da Idade de Bronce. O percorrido incluíu tamén a aldea de Formigueiro e culminou no Pazo de San Damián, onde o alcalde José Luis González deu a benvida aos camiñantes.

No pazo esperaban unha degustación e mercadillo de produtos locais, con propostas de Avícolas Amoeiro, Mel de Amoeiro, queixos e viños de Trasalba ademais doutras delicias da contorna.

A xornada completouse cunha visita ao Pazo de Trasalba e á Casa Museo de Otero Pedrayo, guiada por Andrea, poñendo o broche final a un día de descuberta cultural e gastronómica.

Medios:

OurenseXa

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad