Comedores responsables KM0: tamén ao servizo dos nosos maiores

Comedores responsables km0-Adercou

A alimentación colectiva afronta novos retos. Tras os cambios introducidos nos comedores escolares, xa está en tramitación un novo Real Decreto para fomentar unha alimentación saudable e sostible nos centros de titularidade pública e nos centros privados destinados a persoas dependentes ou con necesidades especiais.

Por iso, o proxecto ofrece formación e ferramentas prácticas sobre nutrición, seguridade alimentaria, planificación de menús e incorporación de produto local e de tempada, non só aos centros educativos, senón tamén a residencias de maiores, vivendas comunitarias e outras colectividades.

Estamos a traballar xa con sete centros de atención a peresoas maiores, distribuídos en seis concellos galegos das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra. Trátase de centros con diferentes dimensións e modelos de atención, que en conxunto superan as 350 prazas residenciais.

Comedores responsables KM0 é unha iniciativa promovida por oito Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), en colaboración con AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural). Coordinado polo GDR Terras de Compostela, conta coa participación de: ADR Comarca de Lugo, Asociación Miño-Ulla, GDR Sil-Bibei-Navea, ADR Comarca de Ourense (Adercou), ADR Terras de Pontevedra Norte, AD Comarca de Ordes (Asdecomor) e GDR Costa da Morte.

Porque unha boa alimentación tamén é unha forma de coidar ás persoas. E, cada comida conta!

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad