“Comedores responsables KM0” , primeiros datos dun programa que comeza con forza!

Comedores responsables - Adercou

Os primeiros encontros do programa “Comedores responsables KM0” deixan xa unha pegada moi positiva en todo o territorio, mostrando o gran interese e compromiso do rural galego coa alimentación sostible, saudable e de proximidade.

Esta iniciativa, impulsada por Agader e desenvolvida por oito 𝐆𝐫𝐮𝐩𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐃𝐞𝐬𝐞𝐧𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐥 (𝐆𝐃𝐑), está a crear espazos de diálogo, aprendizaxe e colaboración entre centros educativos, outras colectividades, produtores, elaboradores e administracións locais:

  •  GDR 19 Terras de Compostela
  •  GDR 08 Sil Bibei Navea
  •  GDR 11 Adercou
  •  GDR 04 Comarca de Lugo
  •  GDR 16 Pontevedra Norte
  •  GDR 22 Costa da Morte
  •  GDR 21 Comarca de Ordes
  •  GDR 05 Miño-Ulla

 

𝐎 𝐢𝐦𝐩𝐚𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐞𝐭𝐚𝐩𝐚…

Tras as primeiras semanas de encontros territoriais, o proxecto xa conseguiu mobilizar unha importante rede de persoas e entidades:

  • 57 centros participantes (colexios, residencias, vivendas comunitarias e 1 servizo de cátering)
  • 104 membros do tecido produtivo.

𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐫𝐞𝐝𝐞 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐳𝐚 𝐚 𝐭𝐞𝐜𝐞𝐫𝐬𝐞… 

Nesta primeira etapa, os encontros permitiron:

  •  Coñecer mellor as necesidades dos centros e das cociñas.
  •  Pór en valor o traballo dos produtores e da economía de proximidade.
  •  Abrir espazos de colaboración entre actores do territorio.
  •  Compartir experiencias inspiradoras e exemplos reais.
  •  Recoller achegas, suxestións e propostas para mellorar o proxecto.

O traballo continúa, e esta é só a primeira parte dun proxecto que seguirá medrando ao longo deste 2026 que pronto comezará… e tamén durante o 2027 .

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad