O pasado día 14 de marzo, na sede do GDR Terras de Compostela, tivo lugar a asamblea da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.
Dentro do Orde do Día da reunión, figuraba a Proposta e Ratificación de membros e cargos da Xunta Directiva, quedando como segue:
– Presidente: José Antonio Santiso Miramontes (GDR23 – Mariñas-Betanzos)
– Vicepresidente primeiro: Manuel Seoane Rodríguez (GDR11 – Adercou)
– Vicepresidente segundo: (GDR13 – Condado-Paradanta)
– Secretario: José Manuel Arias (GDR6 – Ribeira Sacra-Courel)
– Tesoureiro: Ovidio Leiva Pereiro (GDR20 – Ulla-Tambre Mandeo)
– Vogais: José Luis Suárez Martínez (GDR9 – Monteval)
Luis López Diéguez (GDR16 – Terras de Pontevedra Norte)
Ramiro Moure Ansoar (GDR5 – Miño-Ulla)