O programa “Labranza” da TVG, abriu a súa edición de hoxe con Belacolmea, una liña de api-cosmética, con características antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras,.
O proxecto que fixo posible esta iniciativa, liderado pola Agrupación Apícola de Galicia, contou coa colaboración de Adercou, este Grupo de Desenvolvemento Rural, afrontando os costos dos estudos de produto, levados a cabo polos Campus de Vigo e de Ourense da Universidade de Vigo.
Dende Adercou, desexamos a “Belacolmea” un futuro prometedor coa comercialización destes produtos de beleza elaborados con mel galega que, sen dúbida, contribuirán á dinamizar o sector da apicultura e a economía dos seus apicultores.
(Preme na imaxe para ver o programa Labranza da TVG)