Convocatoria, correspondente ao ano 2025, das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader 2023-2027.
A quen vai dirixido?
En función das persoas beneficiarias os proxectos poden estar promovidos por entidades públicas de carácter local ou comarcal, en concreto: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores, ou por persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nesta categoría as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
- Procedemento MR701L da Xunta de Galicia
- Prazo: 01/05/2025 00:00 – 30/05/2025 23:59
- Máis información https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR701L