Axudas LEADER. Convocatoria anualidades 2023-2024

Axudas LEADER. Convocatoria anualidades 2023-2024 Adercou

Convocatoria  en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2023 e 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local).

A quen vai dirixido?

Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII das bases reguladoras, poderán ser beneficiarias das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.

b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.

c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Prazo de presentación de solicitudes?

Segundo o artigo 4 da convocatoria:

Pto. 2 – Segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.

Pto. 3 – Segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, concorrerán a esta convocatoria as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de xaneiro de 2023.

A quen se dirixen as solicitudes?

As solicitudes de axuda dirixiranse ao GDR correspondente ao territorio en que vaia executarse o proxecto de que se trate, segundo modelo normalizado ( anexo II das bases reguladoras) que, en todo caso, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas respectivas sedes dos GDR. A relación dos GDR de Galicia consta na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Código de procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: MR701D

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad