Así foi INTERRITMOS Raíces Vivas … en ESGOS

Interritmos raíces vivas en Esgos - Setembro 2025

Nesta ocasión, aterramos nun templo do século VI, o Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, que acolleu o segundo evento de Interritmos, Raíces Vivas.


Vivimos unha conversa enriquecedora que tendeu pontes e achegou dúas tradicións que comparten moito máis do que parece.

 

Agradecementos

Grazas, Olga Kirk e Celia Flores, por facernos sentir un pouquiño da vosa paixón.


Grazas a Patricia Hermida e Julia Pozo, por conducir cada evento con tanto agarimo e converter cada encontro nunha experiencia chea de paixón pola nosa música.


E por suposto, grazas inmensas ao grupo de pandeireteiras da Asociación Reburlir, pola forza coa que enchestes o escenario e os nosos corazóns coa música da nosa terra!


 Aquí vos deixamos unhas imaxes que recollen o especial deste encontro.

 

Non te perdas a próxima cita: 3 de outubro no Pazo da Pena, Manzaneda

 Un proxecto no marco da intervención Leader de Galicia PAC 2023_2027
🤝 GDRs participantes: Asociación Deloa | GDR Comarca de Lugo | @GDR Ribeira Sacra – Courel | Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea | GDR Terra e Auga | GDR Salnés-Ulla-Umia | Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes | Gdr Costadamorte | GDR Asociación Miño Ulla | Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou | GDR Terras de Pontevedra Norte


 Entidades colaboradoras: Fundación Paideia Galiza · Paco de Lucía

  • Proxecto no marco da intervención Leader de Galicia – PAC 2023_2027  
Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad