Esta mañá, recibimos en Adercou, a Moisés Blanco Paradelo, subdirector de Agader.
Un encontro no que se analizaron os proxectos presentados a esta convocatoria do Plan Leader ademais de poñer en común as estratexias e obxectivos deste novo período.
Da sesión de traballo de hoxe, darase traslado á Xunta Directiva de Adercou, na reunión prevista para o próximo luns, na sede desta asociación de desenvolvemento rural.
Na imaxe: Manuel Seoane (Presidente de Adercou), Moisés Blanco (Subdirector de Agader) e Beatriz Martínez (Xerente de Adercou)