ADERCOU promove o desenvolvemento rural con axudas a emprendedores e administracións locais

Adercou - axudas Leader 2025

No día de onte, 28 de xullo, o presidente de ADERCOU Manuel Seoane Rodríguez, recibíu na sede de Adercou aos promotores do programa Leader 2025, para recoller a súa aceptación á subvención solicitada.

Entre os diferentes  proxectos  que se subvencionarán atópanse.

PROXECTOS NON PRODUCTIVOS A ENTIDADES PÚBLICAS:

    • VALORACIÓN TURÍSTICA DA CONTORNA DA ALDEA MODELO DE REBOREDO. O CASTRO DE QUINTELA DE CALVELLE: ACCIÓNS PARA A SÚA CARACTERIZACIÓN, RECUPERACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E DINAMIZACIÓN:

    O desenvolvemento turístico do concello de O Pereiro de Aguiar, como porta de acceso natural dende a capital da provincia de Ourense á Ribeira Sacra (candidata a ser declarada Patrimonio da Humanidade), é un dos obxectivos prioritarios do goberno municipal. Unha aposta decidida pola recuperación da importante riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística para o seu uso, non só por parte da veciñanza local senón que para dotar de servizos á área metropolitana de Ourense que supón máis do 5% da poboación galega. Estes, xunto co cada vez máis elevado número de visitantes fai que o gasto en equipamentos turísticos mude de vez nun investimento que xera un importante retorno socioeconómico ao municipio.

    Os traballos previstos nas inmediacións da aldea modelo de Reboredo teñen como obxectivo último a creación dunha oferta turística diferenciada, de calidade e de referencia no xeodestino, combinando actuacións de caracterización patrimonial en campo (escavación arqueolóxica e musealización de restos) coa aplicación de novas tecnoloxías (LiDAR, GPR…) e a participación veciñal nos procesos de posta en valor simbólico do lugar.

    • ACONDICIONAMENTO DE CAMIÑOS PARA CREACIÓN DE RUTA CIRCULAR NO RECINTO NATURAL DO CASTELO DA PEROXA

    O Concello de A Peroxa está levando a cabo un proxecto, ao abeiro da subvención de Turismo de Galicia para actuacións de mellora de infraestruturas turísticas, no entorno do Castelo da Peroxa. O castelo localízase no alto da marxe do Regato Rial, formando parte dun espazo natural amplo no municipio de A Peroxa, o cal está incluído dentro da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel.

    O obxectivo do proxecto é a creación de accesos ás zonas interiores do espazo natural do castelo, que a día de hoxe son inaccesibles por non existiren camiños transitables e por estar semiocultos con densa vexetación. Por esta zona, discorre a ruta de sendeirismo PR-G 179 “Ruta do Río Miño” polo que, aproveitando este recurso, se plantexa unha nova ruta circular de 1,38km que irá homologada segundo a normativa vixente desta tipoloxía de sendeiros e que comezará nun punto da PR-G 179 para ir saíndo e entrando en diferentes zonas desta contorna, facendo uso tamén da nova pasarela que se construíu no 2024 para cruzar o Regato Rial.

    A través da execución deste proxecto prevese mellorar a mobilidade do visitante pola zona e, paralelamente, poñer en valor o patrimonio histórico, cultural, natural e paisaxístico desta contorna. O orzamento do proxecto é de 56.458,04€ e divídese en: Obra (limpeza de vexetación, acondicionamento de camiños, equipamento e mobiliario – barandillas e cartel informativo – e sinalización da ruta), Proxecto e dirección de obra, e Homologación de variante

    • CONSTRUCCION DE PARQUE INFANTIL NA CASA DO CONCELLO

    A actuación consiste na creación dun parque infantil nun espazo deteriorado e responde a unha necesidade detectada, para que a veciñanza poida dispor dunha zona de lecer segura, accesible e funcional.

    Esta actuación contribúe a oferta de servizos básicos asistenciais , xa que está o caron da aula concilia para que os rapeces e rapazas usuarios deste servizo poidan ter un lugar seguro e axeitado .

    Tamén pode ser utilizado como lugar de ocio, e actividades o aire libre de toda a veciñanza e favorecer a socialización interxeracional.

    PROXECTOS PRODUCTIVOS A  PROMOTORES :

    • RESIDENCIA FELINA:

    Creación dun espazo seguro e agradable onde as persoas titoras de gatos poidan deixalos as tempadas nas que non se poidan facer cargo deles. Este servicio non existe na provincia de Ourense a pesares de que cada vez hai máis fogares nos que se convive con gatos. En xeral os gatos poden quedar sen tutela nun fogar sempre que se cubran as súas necesidades, pero dependendo do carácter do gato e da súa saúde -se require medicación, por exemplo- pode ser necesario acudir a alguén con coñecementos que coide del durante un período de tempo dun xeito personalizado.

    A residencia felina situarase nun espazo tranquilo, nun entorno verde no que se prestará especial importancia ó tipo de vexetación que rodee e integre as instalacións.

    • ACONDICINAMIENTO NAVE

    Creación de zona de baño y oficinas, compra de ordenador con los complementos correspondentes para darse de acta na actividade xardineria no CNAE 813

    • MODERNIZACION DE LA LINEA DE PRODUCCIÓN

    Modernizar la línea de produción, para mellora da la eficiencia, a calidade e a capacidade de innovación.

    Adaptarse ás esixencias dos clientes, elaborando produtos cada vez máis complexos, personalizados e de alto valor engadido.

    Reducir o consumo enerxético e minimizar o impacto ambiental a través de equipos máis eficientes.

    Introducir medidas de sustentabilidade, mediante un sistema de reciclaxe interna.

    Dixitalizar a xestión administrativa, mellorando a organización interna e permitindo o teletraballo.

    Impulsar o emprego feminino mediante a creación dun novo posto de traballo especificamente destinado a unha muller.

    • AMPLIACIÓN DE SERVIZOS E EQUIPAMIENTO DE CLÍNICA DENTAL EN  A VALENZÁ

    Co devandito proxecto preténdese dar novos servizos aos pacientes cos que a día de hoxe non conta a empresa. Para iso solicitamos a presente subvención destinada á ampliación de servizos á poboación rural que permitirá abordar o investimento en equipamento clínico, instalacións técnicas e infraestrutura eléctrica sostible de baixo consumo, con motivo da ampliación de clínica dental na zona da Valenzá, no municipio de Barbadás (Ourense).

    Trátase dunha clínica xa en funcionamento desde 2007, cunha sólida traxectoria asistencial, que agora afronta unha ampliación para mellorar a súa capacidade operativa e ofrecer servizos punteiros aplicando as novas tecnoloxías.

    • ESPAZO DE COÑECEMENTO PARA A REDUCIÓN DO ESTRÉS:

    Actuacións destinadas a desenvolver a idea de crear un espazo destinado a realizar unha experiencia de inmersión na natureza, onde as persoas poden ter unha conexión coa mesma para reducir o estrés. Neste espazo non pernoitan persoas, simplemente gozan dunha experiencia turística de calidade.

    Asi deste modo poderán practicar Reiki, Tai chi, Ioga, Ioga tibetano, Chi kung y Hatha Yoga.

    • AMPLIACIÓN DE SERVIZOS E EQUIPAMENTO DE CLÍNICA MÉDICA  A VALENZÁ

    Aumentar a capacidade de atención na Área de A Valenzá, municipio Barbadas.

    Apertura dun novo espazo de asistencia para ofrecer además de Oftalmología, servizos como Xeriatría, Pediatría e Medicina Xeral.

    • ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA PARA MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DO VIÑEDO:

    Adquisición de maquinaria pequena para a explotación vinícola  en A  Peroxa, para a conservación da explotación e ao mantemento e tratamento do viñedo.

    A maiores destes proxectos, Adercou está a desenvolver outros de dinamización do rural e da súa poboación, como son:

    • Cursos de fitosanitarios.
    • Charlas en centros educativos sobre apicultura e mel.
    • Roteiros de sendeirismo con degustación de produtos do territorio.

    Ler noticia nos medios:

    Compartir noticia
    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
    Privacidad