Adercou invita a “Coñecer e saborear Ourense”

Adercou - Programa Coñece e Saborea Ourense con Survia Natura

No marco do Programa Leader 2025, dende Adercou poñemos en marcha un ciclo de actividades de promoción dos valores naturais, culturais, turísticos e gastronómicos dos concellos que integran o territorio deste GDR11.
 O programa “Coñece e saborea Ourense”, que desenvolverá a firma Surbia Natura, contemplará rutas de sendeirismo temático interpretativo nos mellores entornos naturais de cada concello, con degustación de produtos locais para gozar deste extenso e rico territorio adscrito a Adercou.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

O proxecto desenvólvese en 8 xornadas, cada unha delas nun dos concellos participantes no proxecto (A Merca, Barbadás, Coles, Amoeiro, Gomesende, San Cibrao das Viñas, Toén e A Peroxa).

O grupo de actividades en cada xornada inclúe:

  • en horario de mañá, unha ruta de sendeirismo temática e interpretativa, de nivel fácil ou moderado, en espazos naturais dos concellos
  • e a mediodía, unha degustación de produtos locais preparada e presentada nun dos establecementos hostaleiros da zona.

INSCRICIÓN

O 1 de Agosto abriranse as inscricións ás actividades ata o esgotamento das 40 prazas ofertadas por concello. Formulario de inscrición.

Respetaranse as prazas por rigurosa orde de anotación.

As persoas que non entren no cupo de inscritos/as pasarán a unha listaxe de reserva e serán avisadas en caso dalgunha baixa nas inscricións.

  • 6 de setembro: A MERCA
    Ruta: A Canle do Ruca e os seus miradoiros (Rubillós) 8 km – Dif: media
    Degustación: O Mesón do Labrego (A Merca)

  • 7 de setembro: BARBADÁS
    Ruta: O Tangaraño e San Benito de Cova do Lobo (Saída de A Valenzá)
    7 km – Dif: media
    Degustación: Restaurante Os Faroles (A Valenzá)

  • 14 de setembro: COLES
    Ruta: Ruta do Concello de Coles (12 km – Dif: media)
    Degustación: Adega Ferreiros

  • 20 de setembro: AMOEIRO
    Ruta: Arqueoastronomía nos Chaos de Amoeiro (Albeiros)
    9 km – Dif: fácil
    Degustación: Pazo de San Damián

  • 21 de setembro: GOMESENDE
    Ruta: Río Arnoia (16 km, Dif: media-alta)
    Degustación: Bar Braseiro

  • 27 de setembro: SAN CIBRAO DAS VIÑAS
    Ruta: Tesouros de Soutopenedo, A Laxe e A Boutueira (Soutopenedo)
    8,5 km – Dif: fácil
    Degustación: Bar O Cruceiro (Soutopenedo)

  • 28 de setembro: TOÉN
    Ruta: Ruta de Moreiras (12km Dif: media)
    Degustación: Casa Ana

  • 5 de outubro: A PEROXA
    Ruta: A Paraxe Sacra da Peroxa (12km Dif: media)
    Degustación: A Casa do Agro

Bases e máis información

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad