O pasado venres, 14 de abril, celebrouse no Concello de A Peroxa, o curso de “Elaboración de conservas”, promovido por Adercou, co obxectivo de poñer en valor os produtos da horta e estimular a sostenibilidade do rural.
A xornada correu a cargo dos profesores da Universidade de Vigo, F.Javier Carballo, Noemí Echegaray Suárez e Lucía Gómez Limia.
Esta acción formativa replicarase en próximas datas, no resto dos concellos limítrofes con Ourense, partícipes da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou).