Co fin de recuperar o noso patrimonio forestal, tan danado polos lumes e outras agresións, e sensibilizar aos máis novos sobre a importancia do noso medio, vimos de poñer en marcha o proxecto “O noso rural, o noso futuro”.
Un proxecto no que participaron escolares dos centros educativos CPI Antonio Failde, de Coles e do CEIP Roberto Blanco Torres de A Peroxa, intervindo directamente na plantación de castiñeiros, que reforestaran os soutos, aproveitando tamén para facer unha xornada micolóxica, coa recollida de setas e fungos que foron atopando ao carón do castelo de A Peroxa.
Acompañando aos estudantes estiveron a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, a Delegada de Educación, María Luz Fernández, e o alcalde de A Peroxa, Manuel Seoane, ademais doutros representantes públicos. Marisol Díaz, resaltou a importancia de
Esta intervención, é unha máis das que estamos facendo en Adercou, grazas aos fondos asignados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ao amparo do Plan Leader.
MEDIOS