Onte, o Centro Cultural Marcos Valcárcel, acolleu un acto institucional e de apoio da IXP Val do Miño-Ourense.
Dentro da xornada e Túnel do Viño. presentouse o proxecto de cooperación “Dinamización e promoción dos viños das IXP de Viños de Galicia”.
José Eduardo López Pereira e as adegas do noso territorio, Adega Terras Mancas e VIDES Singulares, puxeron en valor a tradición histórica das súas producións.
Posteriormente, Isabel Barros Otero (Conselleria do Medio Rural en Ourense) e Francisco Rego Martínez (experto en viticultura), perfectos coñecedores de como se xestou a IXP Val do Miño-Ourense, expuxeron a situación e contexto da primeira Indicación Xeográfica de Galicia, aprobada pola Comisión Europea en 2001.
Dende o noso Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou, queremos agradecer a implicación das autoridades e institucións a este acto tan importante para estes dinamizadores do territorio que apostan por viños singulares. Agradecemento que facemos extensivo de parte dos seus produtores.
MEDIOS:
– Ver vídeo en Youtube – Canle La Región