O presidente de Adercou, Manuel Seoane asinou un Acordo de Colaboración co IES de Vilamarín e co CIFP da Farixa.
Sen lugar a dúbidas, unha gran aposta por motivar aos mozos e mozas que se están formando nos centros do noso territorio.
Realizaremos actuacións conxuntas que permitan poñer en valor o rural dos 17 Concellos integrantes de ADERCOU, a través de roteiros de sendeirismo e valorización dos productos agrarios.