A PEROXA pecha o programa “Coñece e saborea Comarca de Ourense”

A Peroxa - Coñece e Saborea Ourense con Adercou

O Concello de A Peroxa acolleu a derradeira actividade da programación Coñece e Saborea Comarca de Ourense, promoción e posta en valor do patrimonio natural, cultural e gastronómico dos concellos integrantes de Adercou.

A actividade levouse a cabo polos guías da empresa de turismo activo, Surbia Natura, en estreita colaboración  coa técnica de turismo de A Peroxa, Verónica e co alcalde  Manuel Seoane.

A recepción dos participantes, chegados de distintos puntos de Galicia,  foi na Casa do Concello, desde onde iniciamos  unha ruta de sendeirismo circular de doce quilómetros de dificultade media.

Visitamos as localidades de As Paraxas, Lentomil co seu pazo e casa grande, Vilaboa, fermosos bosques de carballeiras, o Campo de Amparo coa súa capela de estilo renacentista e a contorna do Castelo de A Peroxa, paraxes integrados no xeodestino turístico Ribeira Sacra,  nomeado reserva da biosfera pola  Unesco.

Tras a ruta, os participantes achegámonos ao establecemento A Casa do Agro onde puidemos degustar saborosas elaboracións feitas con produtos de proximidade.

Ao remate, visitamos o centro de interpretación O Lebre das Casarizas, guiados pola  técnica de turismo do Concello de A Peroxa.

Esta xornada puxo o colofón ao programa Coñece e saborea comarca de Ourense, co que puidemos descubrir a riqueza cultural, natural e gastronómica de  8 concellos (A Merca, Barbadás, Coles, Amoeiro, Gomesende, San Cibrao das Viñas, Toén, A Peroxa), adheridos ao noso Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou.

Compartir noticia
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Haz clic en Más Información para acceder a la Política de Cookies o cambiar tus preferencias.    Más información
Privacidad