O auditorio de A Peroxa acolleu onte o Interritmos, un evento emocional coa mistura de culturas flamenco-galegas dende un punto de vista musical e cultural feminino.
- Alusión as corais que representaban as costumes dos lugares, as ruadas compartindo sons foráneos que se achegaron a Galicia e Andalucía dando lugar á riqueza musical que temos.
- Unha xornada na que puidemos gozar das Xunquereteiras e a banda Os Xuncos de Xunqueira que nos deleitaron o son de pandeireta, con ritmos bailables en melodia de gaita, bombo e tambor. Foi unha noite entrañable na que escoitamos flamenco puro e música galega tradicional.
Contamos coa presenza de Argentina Flamenco que sorprendeuse coas similitudes dalgún dos temas interpretados por Sheila Patricia , con cancións que ela mesma canta en paus de flamenco.
Tivemos tamén unha degustación de produtos do territorio onde aproveitamos para o cante e o baile, facendo un fin de festa fantástico. 🤗
[Proxecto de traballo en rede no que colabora o noso Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou, a Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes e GDR Asociación Miño Ulla , todos eles recoñecidos como entidades colaboradoras da Axencia galega de Desenvolvemento rural – AGADER para a aplicación dunha Estratexia de Desenvolvemento Local baixo a metodoloxía Leader. ]