No día de hoxe, recibimos a visita da Directora de AGADER, Inés Santé Riveira, para coñecer algúns dos investimentos levados a cabo no noso territorio, coa medida Leader 2021/2022, apoiados polo noso Grupo de Desenvolvemento Rural, .
Tres, foron os proxectos presentados hoxe man dos seus propios promotores, que perseguen a dinamización do rural e unha aposta pola creación de emprego:
–Social Rural Truck:
Promotor: Xeracción S. Coop. Galega
Obxecto: Achegar os servizos de atención psicosocial e mediación do Programa “Sementando Cidadanía” á poboación do rural dos 17 concellos pertencentes ó GDR11.
–Pensión Casa da Fonte:
Promotor: Juan Carlos Cortés
Obxecto: Establecemento hoteleiro. Pensión 2** (Ramirás)
–Museo do Lebre:
Promotor: Concello de A Peroxa
Obxecto: Exposición que busca rescatar e revalorizar a figura de “o lebre de Casarizas”, un inventor e artesán multidisciplinar
No percorrido realizado polas distintas ubicacións dos proxectos visitados, a Directora de Agader, estivo acompañada por Manuel Seoane, alcalde de A Peroxa e presidente de Adercou; Ricardo González, Alcalde de Toén; Isabel Gil, Alcaldesa de Ramirás, Gabriel Alén, Delegado Territorial en Ourense e Cecilio Santalices, xefe da Área Provincial de Turismo en Ourense
Medios: