Dende Adercou impulsamos un proxecto pioneiro de compra agregada de enerxía limpa que acaba de prorrogarse por 12 meses máis, permitindo aos concellos participantes seguir reducindo custos e emisións.
Inicialmente son 12 concellos os adheridos, pero o programa continúa aberto a novas incorporacións de toda a provincia.
Este modelo permite:
- Aforro económico nas facturas eléctricas
- Redución de emisións de CO₂
- Impulso á transición enerxética no rural
Exemplos reais xa en marcha:
* Melloras na eficiencia do bombeo de auga
* Renovación do alumeado público con tecnoloxía LED
Seguimos traballando por un rural máis sostible, eficiente e preparado para o futuro.
