A aposta de ADERCOU por motivar no desenvolvemento do rural, aos mozos e mozas que están a formarse nos centros educativos do noso territorio, viuse reflectida, neste caso, no acordo de colaboración asinado o pasado mes de xuño, entre o presidente deste GDR, Manuel Seoane e os representantes do IES Vilamarín e CIFP da Farixa, Eva Fachada e José Manuel Paredes, respectivamente.
Un acordo que, seis meses despois, acada os seus froitos coa elaboración de
- unha Guía de Roteiros de Sendeirismo, polos alumnos de Turismo do CIFP A Farixa , e
- un Manual de Elaboración de Xabóns, por parte dos alumnos do IES Vilamarín
Estes traballos, editados por ADERCOU, foron entregados hoxe, de mans do noso presidente, aos directores dos dous centros de Formación Profesional, quen recibiron ademais, a Guía completa de proxectos que axudamos a desenvolver a distintos promotores da nos área de influencia, dentro Programa LEADER-Galicia 2014-2020 • 2021-2022.
Medios: